A cuarta xornada da Liga Galega Alevín nádase en Carballo


 21 Abril, 2021   Natación 

A cuarta xornada da Liga Galega Alevín nádase en Carballo

O vindeiro sábado día 24 de abril de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 4ª xornada da Liga Galega Alevín en horario de tarde (16:00 horas). A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado. Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición, 1 feminino e outro masculino e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación por clubs, baixo acreditación e de xeito graduado. Desta volta o noso equipo alevín formarano 27 nadadores-as, das cales 14 pertencen á categoría feminina e os 13 restantes á masculina. Logo da 1ª xornada os da AD.Fogar imos 5º dos 27 equipos que  conforman a categoría. A convocatoria d@s nos@s, a listaxe de saídas e os protocolo anticovid para o sábado estarán dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación Alevín para a presente tempada 2020 - 2021.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.