65 d@s nos@s foron convocad@s para a 2ª das xornadas de base


 27 Febreiro, 2026   Natación 

65 d@s nos@s foron convocad@s para a 2ª das xornadas de base

Mañá pola tarde a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, acollerá a 2ª Xornada da Liga Galega Prebenxamín que congrega @s nen@s dos anos 2017 e 2018 e tamén o 2º Control de Marcas que reúne @s rapaces-as das nosas Escolas de Natación en Carballo e Oleiros nad@s anos 2016 e anteriores. A competición levaráse a cabo de maneira conxunta desde as 16:00 horas e contará coa presenza e o concurso de 65 nadadores-as, das que 29 son rapazas e os 36 restantes rapaces. Nesta xornada nadaránse as probas dos 25 e 50 libres, os 50 costas-braza e a remuda mixta dos 4x25 libres. Compre subliñar que logo da 1ª xornada de liga o noso equipo prebenxamín está a ocupar a 5ª praza conxunta dos 19 equipos que veñen participando nesta tempada 2025-2026. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar as listas de saídas da proba carballesa.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar