
A A.D.Fogar rendeu esta fin de semana unha especial homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, quen fose directivo fundador, socio honorífico e deportista da nosa entidade, ademáis de xuíz de natación e membro do Comité Galego de Árbitros. Neste seu terceiro memorial no que participaron 346 nadadores e nadadoras en representación de 24 equipos, 2 deles chegados desde fóra de Galicia; batéronse un total de 8 mellores marcas galegas e outras 23 do propio memorial, o que reflicte o nivel da competición e @s participantes. O sábado os mellores equipos foron o Portamiñá de Lugo na categoría feminina, o Coruña na masculina e o Fogar de Carballo e Oleiros na conxunta. Os premios aos mellores nadadores-as do memorial por táboa WAQ foron o sábado para Nadiuska Oubiña (Boiro) 1ª, Sofía Chiara Vicentini (Santiago) 2ª, Alba Lamas (Fogar) 3ª, Manuel Pérez (Boiro) 1º, Martín López (Fogar) 2º, e Mario Maneiros (Ferrol) 3º. O Domingo na categoría máster @s mellores equipos foron o Ferrol na categoría feminina, o Arteixo na masculina e o Fogar de Carballo e Oleiros na conxunta, mentres que @s mellores nadadores-as foron María Iglesias (Culleredo) 1ª, Raquel Durán (Arteixo) 2ª, Inés Abreu (As Meigas) 3ª, Iván Rubio (Arteixo) 1º, Carlos Iglesias (Fogar) 2º e Óscar Guirado (Culleredo) 3º. No tocante ao nivel d@s nos@s nadadores-as compre subliñar que o sábado melloramos 10 récords do club e o domingo outros 5. O domingo 2 d@s nos@s bateron tamén 2 récords galegos, Carlos Iglesias nos 50 braza +50 e Isabel Pereira no 50 bolboreta +65.
RESULTADOS DO MEMORIAL
O NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DO LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO DA TENDA CLUB NATACIÓN FOI O 1.957, para recibilo debedes contactar connosco.