15 medallas e 3 récords do club para @s nos@s en Ourense


 02 Xullo, 2025   Natación 

15 medallas e 3 récords do club para @s nos@s en Ourense

Os pasados 28 e 29 de xuño nove d@s nadadores-as da A.D. Fogar de Carballo e Oleiors tomaron parte no Campionato Galego Infantil de Verán celebrado na piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense. Torneo que contou coa participación de 30 clubs e 188 nadadores-as. @s nos@s infantís callaron unha gran actuación rematando na 4ª praza masculina, a 6ª praza feminina e a 7ª conxunta por equipos. As 15 medallas do campionato foron desta volta Noa Ferreiro de 14 anos (4), ouro nos 100, 200, 400 e 800 metros libres; Alba Lamas de 14 anos (3), ouro nos 200 costas e os 200 estilos e bronce nos 50 costas; Carlos Casal de 15 anos (4), ouro nos 200 libres e prata nos 100 e 200 braza e os 200 estilos; Manuel López de 15 anos (2), prata nos 200 libres e bronce nos 200 bolboreta; Diego Souto de 14 anos (1) prata nos 100 costas e Lucía Fernández de 14 anos (1) bronce nos 100 bolboreta. Compre destacar tamén a cuarta praza das 3 remudas masculinas, 4x100 e 200 libres e 4x100 estilos que formaron Carlos Casal, Diego Souto, Manuel López e Pedro Caamaño. As mellores marcas do club batéunas Noa Ferreiro nos 100, 200 e 800 libres na idade dos 14 anos.
Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.