13 medallas e 3 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín


 01 Febreiro, 2026   Natación 

13 medallas e 3 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín

Esta fin de semana sete d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego de Natación Alevín de Inverno celebrado na Piscina Municipal de As Pozas (Mos) con 28 clubs e 185 nadadores-as en liza. @s nos@s rapaces e rapazas callaron unha moi boa actuación rematando na 6ª praza masculina, a 15ª feminina, e a 9ª conxunta por equipos. As trece medallas do campionato foron desta volta para Iván Casal de 12 anos (4), ouro nos 50, 100 e 200 costas e bronce nos 200 libres; Sara Ríos de 13 anos (3), ouro nos 50, 100 e 200 braza; e Xacobo Fraga de 13 anos (4) ouro nos 200 libres, prata nos 100 libres e nos 200 costas e bronce nos 100 costas. Ouro tamén para as remudas masculinas dos 4x100 e 4x200 libres que formaron, Iván Casal, Mateo Pastoriza, Simón Caamaño e Xacobo Fraga. Compre destacar tamén o 5º posto de Simón Caamaño (13 anos) nos 200 libres, o 6º posto de Borja Collazo (12 anos) nos 100 estilos, e o 11º lugar de Pablo Rodríguez nos 50 costas (12 anos). As mellores marcas do club batéunas Sara Ríos de 13 anos nos 50, 100 e 200 braza. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar