10 medallas e 3 récords do clube para @s nos@s en Pontevedra


 07 Xullo, 2025   Natación 

10 medallas e 3 récords do clube para @s nos@s en Pontevedra

Os pasados 4, 5 e 6 de xullo dez d@s nadadores-as da A.D. Fogar tomaron parte no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán celebrados na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra con 28 clubs e 358 nadadores-as en liza. Na categoría júnior fomos 13ª femininas, 17º masculinos, e 16º conxuntos, ainda sen a posibilidade de nadar ningunha das remudas. As seis medallas júniors foron desta volta para Anxo Fuentefría de 16 anos (4), ouro nos 200 braza, e prata nos 50 e 100 braza e os 200 estilos; e tamén para Valeria Rodríguez de 16 anos (2), ouro nos 50 braza e bronce nos 50 costas. Na categoría absoluta Martín López acadaba o ouro nos 50 e 100 braza, Luis Suárez facíase co bronce nos 50 libres e Anxo Fuentefría co bronce nos 200 braza. Por equipos fomos 11º masculinos, 13ª femininas e 12º conxuntos e batemos os récords absolutos do club nos 50 braza (Martín López), nos 50 libres (Luis Suárez) e na remuda feminina dos 4x200 libres que formaron Noa Ferreiro, Alba Lamas, Valeria Rodríguez e Carla Mourelle. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.