6 Medallas e 10 récords para @s nos@s Mestres-as nos nacionais


 12 Abril, 2021   Máster 

6 Medallas e 10 récords para @s nos@s Mestres-as nos nacionais

A pasada fin de semana, 4 d@s nos@s mestres-as desprazábanse ata Castellón para tomar parte no XXVI Campionato de España de Natación Máster de Inverno que contaba coa presenza de 610 nadadores (373 homes e 237 mulleres) de 110 clubs. Como non podía ser menos @s representantes de Carballo e Oleiros volveron callaron un gran torneo facéndose cun botín de 6 medallas, 4 plusmarcas galegas e outras 10 do club. Manuel Verdes na categoría de 20 a 24 anos foi o gran protagonista tras acadar a medalla de ouro nos 100 estilos, a de prata nos 50 costas e a de bronce nos 50 braza, batendo ademáis 3 récords galegos e outros 4 do clube. Elisa Pichel sumaba ao seu extenso palmarés a medalla de ouro nos 200 braza e a de bronce nos 400 libres, e batía tamén 1 récord galego e outro do clube na súa categoría, a de 35 a 39 anos. Cora Vinagre na categoría dos 30 a 34 anos facíase coa súa primeira medalla nacional co Fogar, a de bronce nos 200 costas; e Josué Pantoja batía o mellor rexistro do clube nos 100 libres dos 40 aos 45 anos, proba na que remataba na cuarta praza a un só banzo do podio. Os resultados d@s mestres-as de Carballo e Oleiros están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Ademais podedes consultar tamén todo o referente a este Campionato de España de Natación Máster de Inverno na seguinte ligazón: https://rfen.es/es/section/web-resultados-master-invierno-2021

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.