
A pasada fin de semana sete d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas do calendario galego de atletismo. O sábado 21 de fecberiro, Rosalía Cid da categoría sub 10 e Marcoas García, Ángel Mira e Rafael García da sub 12 participaron en Ourense no Meeting para Categorías de Base en Pista Curta. Na cuberta da Expourense Rosalía Cid foi 19ª nos 50 m.l., e Ángel Mira, Marcos García e Rafael García remataron 49º, 51º e 78º na proba dos 500 m.l.
O domingo 22 de febreiro con motivo da disputa do Campionato Galego sub 16 en Pista Curta celebrado tamén na Expourense, Hugo Tuñas foi 5º na proba dos 3000 m.l. e Iago Bello rematou 14º nos 1000 m.l. Hugo Tuñas acreditou nos 3000 unha mellor marca persoal de 9'45''13 coa que bateu o mellor rexistro de 14 anos do noso club.
Os resultados destes dous eventos podedes atopalos no apartado de descargas atletismo desta mesma web.