O pasado sábado día 6 de setembro, na localidade lucense de Lourenzá, Nuno Moure, Ana Ézara, Adrián Fuentefría e Iago Bello representáronnos no Campionato Xunta de Galicia da Milla e o Quilómetro en Ruta con moi bos resultados. Na proba da milla, Nuno Moure cruzou a liña de meta en segunda posición para facerse coa medalla de prata e o subcampionato galego na categoría sub 20; mentres que no quilómetro, Iago Bello fíxose co bronce galego da categoría sub 14, Ana Ézara foi 5ª clasificada na sub 16, e Adrián Fuentefría rematou 7º nesta mesma categoría sub 16. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
#aindasenpistahaiatletismo