Nuno Moure novo campión galego sub 20 de medio maratón


 01 Decembro, 2025   Atletismo 

Nuno Moure novo campión galego sub 20 de medio maratón

O pasado domingo día 30 de novembro celebrouse o Campionato de Galicia de Medio Maratón coincidindo co III Medio Maratón do Concello de Vilagarcía de Arousa, proba na que contamos coa participación de Nuno Moure Fernández entre os preto de 350 atletas inscritos á proba. O noso que pertence á categoría sub 20 callou unha máis que destacada actuación gañando o ouro da súa categoría e rematando na 7ª praza absoluta cun tempo de 1 hora, 8 minutos e 51 segundos a ritmo de 3 minutos e 15 segundos o quilómetro. Con esta mellor marca persoal Nuno volveu a bater o récord absoluto do club e acadou a mínima para o nacional absoluto da distancia.
Os resultados deste medio maratón do III Medio Maratón Concello de Vilagarcía de Arousa, podédelos atopar no apartado descargas atletismo desta mesma web.

#aindasenpistahaiatletismo

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar