
O pasado domingo día 19 de outubro celebrouse en Pontevedra o XLIII Gran Fondo Caixabank, proba na que contamos coa participación de Nuno Moure Fernández que nos representou no medio maratón, distancia na que tomaron a saída 482 atletas. O noso que pertence á categoría sub 20 callou unha máis que destacada actuación rematando na 7ª praza absoluta masculina cun tempo de 1 hora, 10 minutos e 39 segundos a ritmo de 3 minutos e 21 segundos o quilómetro. Con esta marca Nuno bateu o récord absoluto do club e quedou a tan só 39 segundos do tope nacional absoluto da distancia.
Os resultados deste medio maratón do XLIII Gran Fondo Caixabank de Pontevedra, podédelos consultar no apartado descargas atletismo desta mesma web.
#aindasenpistahaiatletismo