O pasado domingo día 31 de agosto, no Folgoso do Courel, Nuno Moure Fernández representóunos no XVII Campionato Xunta de Galicia de Trail Running e I Courel Mountain Running no que obtivo un moi bo resultado. O atleta da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros cruzou a liña meta en terceira posición para facerse coa medalla de bronce na categoría sub 20 logo de completar o percorrido de 6.400 metros nun tempo de 35 minutos e 2 segundos, polos 34'09'' do segundo clasificado e os 30'40'' do vencedor da proba. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
E a vindeira cita para @s atletas do Fogar será o Campionato Xunta de Galicia da Milla e o Quilómetro en Ruta a celebrar na localidade de Lourenzá o día 6 de setembro. No mesmo tomarán parte Adrián Fuentefría, Ana Ézara e Iago Bello na proba do quilómetro e Nuno Moure na da milla.
#aindasenpistahaiatletismo