Presentouse en Foz o Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través por clubs para as categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18, Sub16 e remudas mixtas. A proba levarase a cabo este domingo día 22 de outubro no circuito do Pavillón dos Castros a partir das 10.30 horas baixo a organización do C.A.Atletismo Ría de Foz e da Federacion Galega de Atletismo. Para este primeiro gran campionato invernal, contarase con preto de 300 atletas encadrados en 55 conxuntos en representación dos clubs ADAS CUPA, A.D.Fogar, A.F.Celta, A. Viguesa Atletismo, Atlética Lucense, C.A.Sada, C.A.Santiago, C.A.Millaraio, C.A.Ría de Foz, C.A.Ribadeo, C.D La Purísima, Comesaña S.C., Ferrol Atletismo, Lucus Caixa Rural, Ourense Atletismo, Riazor Coruña, S.D.Compostela Atletismo e Sociedad Gimnástica. No que aos nosos respecta tomarán parte, Joel Barcia, Líam Hernández, Michel Núñez, Óscar Alberte, Roque González da categoría sub16 na que somos os actuáis campións galegos; e Adrián Sancho, Hugo Martínez, Hugo Souto, Iago Prada e Nuno Moure na sub 18. Arrinca así a tempada invernal de atletismo centrada básicamente nas probas de campo a través e a pista cuberta.
@s ATLETAS CARBALLESES MERÉCENSE UNHAS INSTALACIÓNS Á SÚA ALTURA !!