Boa actuación dos 9 triatletas do Fogar desprazados a Roquetas


 14 Xuño, 2019   Tríatlon 

Boa actuación dos 9 triatletas do Fogar desprazados a Roquetas

A pasada fin de semana 9 dos triatletas da AD. Fogar de Carballo e Oleiros callaban unha moi boa actuación nos Campionatos de España de Tríatlon Sprint e Ácuatlon que se celebraban na localidade almeriense de Roquetas de Mar, cidade onde se citaban uns 2.400 triatletas. En canto ao concurso dos nosos deportistas cabe destacar a actuación do equipo cadete masculino e feminino: Andrés Prieto que está a atravesar o seu mellor momento de forma, acadaba o 5º posto en tríatlon a tan so 5 segundos do bronce e o 16º en ácuatlon, David Sancho foi 24º en tríatlon, Álvaro Elizalde 94º en tríatlon e 86º en ácuatlon e Pablo Tran 75º en ácuatlon. En canto as féminas, Marta González era 79ª en tríatlon e 70ª en ácuatlon e Alba Otero 90ª en tríatlon e 96ª en ácuatlon. Ademáis o noso equipo cadete masculino foi 5º por equipos na proba de tríatlon e 13º na de ácuatlon. No grupo de idade de 20 a 24 anos participaba Carlos González, que remataba no 37º lugar en ácuatlon e no 48º en tríatlon. Os resultados destes nacionais de tríatlon e ácuatlon podedes consultalos en descargas tríatlon desta mesma web e tamén na ligazón: http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2019/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso