Os nadadores do Fogar logran en Carballo o título e o ascenso


 30 Abril, 2019   Natación 

Os nadadores do Fogar logran en Carballo o título e o ascenso

O pasado sábado día 27 de abril de 2019 a piscina Carballo Calero acollía en dobre sesión, a Final da liga Galega de Clubs de Natación na súa terceira división; proba na que nos xogabamos o título e o ascenso a segunda división en confrontación directa co Universitario de Santiago e o Náutico de Narón. O noso equipo afrontaba a xornada co firme desexo de brindar o título á súa afección e non fallou, nunha gran sesión de mañán xa aventaxaba ao Universitario de Santiago por 38 puntos e ao Náutico de Narón por 58. Tras a continuación a sesión de tarde foi xa unha festa na que os nosos se distanciaban outros 25 puntos do Universitario e 49 do Narón para gañar o título con 405 puntos fronte aos 342 do USC e os 298 do Náutico. Proba do nivel e a intensidade do conxunto do Fogar foron os 4 records do club que rebaixaban, Nana Suárez (14 anos) nos 200 e 400 estilos e os 400 libres e Alejandro Méndez (17 anos) nos 200 bolboreta; ademáis de gañar tamén 18 das 40 probas da xornada e empatar outras 5. Os resultados desta fase de ascenso da Liga Galega de Clubs de terceira división están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso