Os benxamíns foron segundos no Grupo B da Copa Galega


 19 Xuño, 2019   Natación 

Os benxamíns foron segundos no Grupo B da Copa Galega

O pasado sábado día 15 de xuño disputábase na Piscina dos Batallóns a Copa Galega Benxamín no seu Grupo B, proba que reunía en Ferrol aos equipos clasificados entre o 9º e o 16º posto da liga regular desta categoría. No que aos nosos refírese tomabamos parte como 12º clasificados de liga cun equipo formado por 9 nenas e outros 9 nenos; 18 nadadores e nadadoras que callaban unha brillante actuación para alzarse coa segunda praza conxunta deste Grupo B tras sumar 323 puntos, polos 361 do anfitrión o CN.Marina que levaba a vitoria, os 303 do CN.Ponteareas que era 3º, os 297 do CN.Coruña 4º, os 276 do CN.Arteixo 5º, os 267 do CN.Culleredo 6º, os 220 do Club do Mar 7º e os 205 do CN.Santiago 9º. Os de Carballo e Oleiros mellorabamos así a nosa clasificación ligueira e terminabamos como 10º galegos nesta clasificación copeira. Con esta proba os nosos benxamíns dan por concluída a tempada regular de Natación 2018 - 2019 e centrarán agora os seus esforzos nas probas de Augas Abertas e Tríatlon. Os resultados deste Grupo B da Copa Galega Alevín están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso