Os Benxamíns e Alevíns do Fogar nadan en Carballo e Pontevedra


 31 Xaneiro, 2019   Natación 

Os Benxamíns e Alevíns do Fogar nadan en Carballo e Pontevedra

A AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñerá en liza esta fin de semán a 34 dos seus nadadores e nadadoras das categorías benxamín e alevín. Os alevíns do Fogar tomarán parte no Campionato Galego de Inverno (https://www.fegan.org/mp/default/post/2047) que se celebra en Pontevedra os días 2 e 3 de febreiro no Complexo Deportivo Rías Do Sur, e o farán cun equipo formado por 4 nadadoras e 4 nadadores que disputarán 15 probas individuais e 5 de remudas por equipos. Pola súa banda os benxamíns nadarán o sábado á tarde a terceira xornada da Liga Galega na Municipal Carballo Calero da nosa localidade con 11 mozas e 15 mozos que están a ocupar a 13ª praza da clasificación conxunta dos 30 clubs que veñen participando. Na documentación adxunta a esta mesma noticia poden consultarse tanto as convocatorias como as listas de saídas de ambas categorías, a benxamín e a alevín.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso