Os Alevíns e infantís da AD.Fogar nadan mañá en Riazor e Santiago


 11 Xaneiro, 2019   Natación 

Os Alevíns e infantís da AD.Fogar nadan mañá en Riazor e Santiago

A AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñerá en liza mañá á tarde a 46 dos seus nadadores e nadadoras das categorías alevín e infantil. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal de Riazor, A Coruña, na 3ª xornada da Liga Galega cun equipo formado por 14 nadadoras e 12 nadadores coa intención de manterse na loita entre os 12 mellores da categoría que conforman 30 clubs. Pola súa banda os infantís participarán na 2ª xornada da Liga Galega que se disputa na Municipal Santa Isabel de Santiago con 7 mozas e 13 mozos que ocupan a  9ª praza da clasificación conxunta dos 25 clubs que están a participar. Na documentación adxunta a esta mesma noticia poden consultarse tanto as convocatorias como as listas de saídas de ambas categorías, a alevín e a infantil.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso