O Circuíto ADAN 5.0 comeza este sábado no Club do Mar


 29 Novembro, 2018   Natación 

O Circuíto ADAN 5.0 comeza este sábado no Club do Mar

O vindeiro sábado día 1 de decembro de 2018 e desde as 15:30 hs, a Piscina do Club do Mar de San Amaro na Coruña, será a sede que acolla a 1ª Xornada do Circuíto da Asociación ADAN que celebra xa a súa quinta edición. Para a presente campaña 2018-2019 o circuíto, que voltará a contar por segundo ano consecutivo co patrocinio da AD.Fogar, constará de 3 etapas, unha menos que a tempada pasada e repartidas en dúas sedes, A Coruña (01/12/2018) e Carballo (16/03/2018 e 25/05/2018). O circuíto está reservado a nadadores das categorías junior e senior co obxecto de aumetar as opcións competitivas nestas categorías, aínda que a cada unha das xornadas poderán acudir como convidados 2 nadadores infantís por club (máis información en https://asociacionadan.org/circuito/). Nesta primeira rolda que inclúe as probas dos 50 bolboreta, os 100 estilos e os 200 costas, braza e libres, contaremos co concurso de 12 nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros, dos que 6 pertencen a categoría feminina e outros 6 a masculina. Ademais dos nosos tomarán parte tamén nadadores do Club do Mar, CN.Arteixo, CN.Arzúa, CN.Cedeira, CN.Coruña, CN.Hercules, CN.Monforte, CN.Santa Comba, Tríatlon Oleiros, USC e CN.Vilagarcía. A novidade desta primeira xornada é que será emitida vía streaming a través da canle de Youtube da Asociación Deportivo-Cultural Amigos da Natación. Achéganse a esta noticia tanto a convocatoria dos nosos nadadores como a lista de saídas do sábado.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso