A Coruña e Cervo as citas desta fin de semana para os nosos


 24 Maio, 2019   Natación 

A Coruña e Cervo as citas desta fin de semana para os nosos

Mañá os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñeremos en liza a 33 dos nosos nadadores e nadadoras, 26 da categoría alevín e 7 da infantil, júnior e absoluta. O equipo alevín do Fogar tomará parte na Piscina Municipal de Riazor en A Coruña, na derradeira xornada da Liga Galega co obxectivo de manter a 13ª praza que están a ocupar entre os 30 clubs galegos que conforman a categoría. Nesta sexta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100  metros costas e braza, os 200 e 400 metros libres e os 400 metros estilos, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 metros libres mixtos. 
Por outra banda 7 dos nosos nadadores infantís, júniors e absolutos tomarán parte en Cervo, na Toma de Tempos Galaico Astur que organiza o CN.Xove, proba incluída no calendario oficial de competicións válidas para refrendar mínimas nacionais. Na documentación adxunta a esta mesma nova dispoñedes das nosas convocatorias e das listas de saídas destas dúas citas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso