A 2ª Xda do Circuíto Adan reúne en Carballo a 92 nadadores


 14 Marzo, 2019   Natación 

A 2ª Xda do Circuíto Adan reúne en Carballo a 92 nadadores

O vindeiro sábado día 16 de marzo de 2019 e desde as 15:30hs, a Piscina Municipal Carballo Calero da Zona Bergantiños en Carballo, será sede da 2ª Xornada do Circuíto da Asociación ADAN que celebra xa a súa quinta edición. Para a presente Campaña 2018-2019 o circuíto conta con 3 roldas repartidas en dúas sedes, A Coruña e Carballo e está reservado a nadadores das categorías júnior e sénior, aínda que en cada unha das xornadas poderán acudir como convidados 2 nadadores por club de categorías inferiores. Nesta segunda rolda contaremos co concurso de 20 dos nosos nadadores dos que 13 pertencen á categoría masculina e 7 á feminina. Pero ademais dos nosos tomarán parte en Carballo outros 10 clubs da xeografía galega, o CN.Coruña (4), o C.Mar (5), o CN.Monforte (9), o CN.Arteixo (12), o CN.Arzúa (7), o CN.USC (10), o CN.Cedeira (6), a ADT.Oleiros (7), o CH.Termaria (5) e CN.Vilagarcía (7); nun programa de probas que inclúe as probas individuais dos 50 metros braza e costas, os 100 metros libres e bolboreta, os 200 metros estilos e os 400 metros libres. A listaxe de saídas da sesión e a convocatoria dos nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros achéganse xunto a esta mesma nova. Máis información sobre o circuíto na páxina da asociación https://asociacionadan.org/circuito/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso