47 Nadadores acoden mañá a 2ª Toma de Tempos da AD.Fogar


 31 Maio, 2019   Natación 

47 Nadadores acoden mañá a 2ª Toma de Tempos da AD.Fogar

47 Nadadores (19 homes e 28 mulleres) acoden mañá a Carballo á segunda Toma de Tempos Oficial da tempada que promove a AD.Fogar grazas a colaboración do Concello de Carballo e Carballo Deporte; 14 destes nadadores pertencen ao Club do Mar de San Amaro, 9 ao Cidade de Santiago, outros 2 ao Sporting Club Casino da Coruña e os 22 restantes á AD.Fogar de Carballo e Oleiros. A sesión, que comezará ás 17:00 horas tras a quenda de quecemento previo de hora e media, supón a última oportunidade de acadar mínimas para o Campionato Galego Alevín de Verán que se celebrará na Piscina Municipal Rosario Dueñas, en Ourense, os vindeiros 29 e 30 de xuño de 2019. A orde de probas da xornada será a seguinte: 200 estilos, 100 braza, 200 costas, 50 libres, braza e bolboreta, 100 costas, 200 libres, 50 costas, 100 estilos e bolboreta, 200 braza, 400 libres e estilos, 800 e 1500 libres, 200 bolboreta e 100 libres nas categorías feminina e masculina. Nos arquivos adxuntos a esta mesma nova tedes á lista de saídas de mañá e a convocatoria cas probas dos  nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso