26 Nadadores cítanse en Carballo e Ferrol esta fin de semán


 11 Abril, 2019   Natación 

26 Nadadores cítanse en Carballo e Ferrol esta fin de semán

Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñeremos en liza o sábado a 26 dos nosos nadadores e nadadoras, 25 da categoría alevín e 1 da absoluta. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal Carballo Calero da nosa localidade en horario de tarde, na 5ª xornada da Liga Galega co obxectivo de manterse na loita entre os 12 mellores, tendo en conta o axustado da clasificación entre os postos 12º, 13º e 14º dos 30 clubs galegos que conforman a categoría. Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 metros bolboreta, costas e braza e os 100 e 800 metros libres, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 metros estilos mixtos. Na documentación adxunta a esta mesma noticia dispoñedes da nosa convocatoria e da lista de saídas da xornada.
O noso único representante absoluto da fin de semán será Manuel Verdes Collazo, que tomará parte en Ferrol na piscina de Batallóns e en sesións de mañan e tarde, no Trofeo Norte-Sur co combinado do norte e nas probas de 50, 100 e 200 braza. Máis información en: https://www.fegan.org/post/2869

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso