23 dos nosos nadadores tomarán parte no Trofeo Cidade de Lugo


 17 Maio, 2019   Natación 

23 dos nosos nadadores tomarán parte no Trofeo Cidade de Lugo

Mañá sábado día 18 de maio de 2019, 23 dos nosos nadadores e nadadoras desprázanse a Lugo con motivo da disputa do XXIX Trofeo Cidade de Lugo que organiza o CN.Fluvial en sesións de mañán e tarde. En canto ao noso concurso comentar que tomaremos parte con 12 nadores e 11 nadadoras, dos que 7 pertencen a categoría benxamín, 8 á alevín e outros 8 á infantil. 23 deportistas que nadarán 50 probas a título individual e 1 substitución por equipos. Programa de probas que inclúe os 50, 100 e 200 metros bolboreta, costas, braza e libres, os 200 metros estilos e a substitución dos 6x50 metros libres mixtos. Adxuntamos a esta mesma nova a convocatoria coas probas dos nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros e tamén as series do torneo lucense. Ademáis en descargas natación desta mesma web podedes consultar a normativa do XXIX Trofeo Cidade de Lugo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso