2 topes nacionais, 3 records do club e 7 medallas en Lugo


 22 Maio, 2019   Natación 

2 topes nacionais, 3 records do club e 7 medallas en Lugo

O pasado sábado día 18 de maio de 2019, 23 dos nosos nadadores (11 mozas e 12 mozos) desprazábanse ata Lugo con motivo da disputa do XXIX Trofeo Cidade de Lugo; torneo organizado polo CN. Fluvial e incluído no calendario válido para referendar as mínimas de participación para os campionatos nacionais. En canto ao concurso dos nosos temos que destacar unha vez máis a Nana Suárez (2005), que lograba facerse con 3 medallas infantis (a prata nos 100 libres e os bronces nos 100 braza e os 200 libres), 2 rexistros mínimos para o Campionato de España Infantil de Verán (nos 100 e 200 libres) e 3 mellores marcas do club de 14 anos (as dos 100 braza e os 100 e 200 libres). Ademáis Miguel Abelenda acadaba o ouro infantil nos 200 libres, Hugo Souto o ouro benxamín nos 50 costas, e Claudia Esmorís e Lara González a prata e o bronce alevín na proba dos 100 libres. No cómputo global os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros fomos 5º conxuntos dos 16 equipos participantes. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados deste Trofeo Cidade de Lugo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso