2 Medallas, 2 topes nacionais e 1 récord do club no Juan Varela


 08 Maio, 2019   Natación 

2 Medallas, 2 topes nacionais e 1 récord do club no Juan Varela

O pasado sábado día 4 de maio de 2019, 13 dos nosos nadadores (4 mozas e 9 mozos) desprazábanse ata Ferrol con motivo da disputa do XXXIX Memorial Juan Varela https://memorialjuanvarela.blogspot.com/; o torneo organizado polo CN. Marina Ferrol mobilizou a 18 clubs e 226 nadadores galegos, asturianos e portugueses. En canto ao concurso dos nosos temos que destacar a Nana Suárez (2005), que lograba facerse coa medalla de prata na proba dos 200 m estilos batendo a mellor marca do club de 14 anos, e acadando a mínima para o Campionato de España Infantil de Verán cun rexistro de 2.33.16. Para este mesmo campionato sumaba tamén unha nova mínima Miguel Abelenda (2004), desta volta na proba dos 200 m libres cunha marca de 2.01.03. Outro que subía ao podio era Manuel Verdes (2000), e facíao como segundo clasificado na proba dos 100 metros braza. No cómputo global os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros fomos 12º conxuntos por equipos. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados do trofeo internacional ferrolán.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso