16 nadadores do Fogar tomarán parte no Trofeo da Madalena


 02 Xaneiro, 2019   Natación 

16 nadadores do Fogar tomarán parte no Trofeo da Madalena

16 Nadadores das categorías infantil, júnior e senior, representarán á AD.Fogar de Carballo e Oleiros os días 3 e 4 de xaneiro de 2019, na 33ª Edición do Trofeo Internacional da Madalena que se celebra na localidade asturiana de Avilés. O trofeo avilesino desenvolverase na Piscina Municipal do Quirinal ao longo de 3 sesións e contará coa participación de 20 clubs que poñerán en liza a un total de 362 nadadores, 200 mulleres e 162 homes. Pola nosa parte viaxan hoxe cara a Astuarias 5 mulleres (Marta González, Nana Suárez, Laura Martínez, Andrea Torrado e Elisa pichel) e 11 homes (Andrés Prieto, David Sancho, Miguel Abelenda, Daniel Pardo, Brais Fraga, Pedro Fraga, Alejandro Méndez, Ángel Tomé, Pablo Negreira, Xoan Toja e Pablo Balsa) entre os que nadarán 48 probas individuáis e 6 remudas. A normativa do XXXIII Trofeo Internacional da Madalena pódese consultar no apartado descargas natación desta mesma web; ademais podedes consultar tamén a convocatoria dos nosos nadadores no arquivo adxunto a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso