16 infantís da AD.Fogar disputan hoxe a 3ª rolda da Liga Galega


 11 Maio, 2019   Natación 

16 infantís da AD.Fogar disputan hoxe a 3ª rolda da Liga Galega

A AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñerá en liza mañá á tarde a 16 dos seus nadadores e nadadoras infantís, con motivo da disputa na Piscina Municipal de Riazor, en A Coruña, da 3ª xornada da Liga Galega da categoría. Desta volta o equipo confórmano 9 mozas e 7 mozos que están a ocupar a 9ª praza da clasificación conxunta, dos 26 clubs que veñen tomando parte na mesma. Nesta xornada nadaránse as probas dos 50, 200 e 1500 metros libres, os 100 metros bolboreta, os 200 metros costas e braza e os 400 metros estilos; ademáis das substitucións por equipos dos 4x100 metros estilos mixtos. Na documentación adxunta a esta nova podedes consultar tanto a convocatoria, como a lista de saídas da xornada, na que pelexaremos por manternos entre os 10 mellores equipos galegos da categoría.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso