13 dos nosos nadadores tomarán parte no Memorial Juan Varela


 03 Maio, 2019   Natación 

13 dos nosos nadadores tomarán parte no Memorial Juan Varela

Mañá sábado día 4 de maio de 2019, 13 dos nosos nadadores (4 mozas e 9 mozos) desprázanse a Ferrol con motivo da disputa do XXXIX Memorial Juan Varela, que baixo a organización do CN.Marina Ferrol mobilizará en sesións de mañán e tarde a 17 clubs e 226 nadadores, dos que 117 son homes e 109 son mulleres. En canto ao concurso dos nosos comentar que tomarán parte en representación feminina, Nana Suárez e Laura Martínez da categoría infantil, Nerea González da júnior e Elisa Pichel da sénior; e na masculina farano os infantis Daniel Pardo e Miguel Abelenda, os júnior Alejandro Méndez, Angel Tomé e Pedro Fraga, e os sénior Pablo Negreira, Manuel Verdes, Xoan Toja e Carlos Iglesias. Adxuntamos a esta mesma nova a convocatoria coas probas dos nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros. Ademáis na seguinte ligazón https://memorialjuanvarela.blogspot.com/ podedes ampliar a información relativa ao trofeo ferrolán.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso