Rudy Palamedi Campión da Copa de España Máster de Augas Abertas


 24 Setembro, 2019   Máster 

Rudy Palamedi Campión da Copa de España Máster de Augas Abertas

Os nadadores da AD.Fogar, Miguel Abelenda da categoría infantil e Rudy Palamedi da máster, tomaron parte a pasada fin de semana na Etapa Final da Copa de España de Natación en Augas Abertas celebrada no Anillo, en Cáceres. Miki que formou parte do combinado Galego rematou a proba na 5ª praza infantil sendo ademais o primeiro galego en completar os 5 quilómetros en 1 hora, 3 minutos e 17 segundos; a tan so 1 segundo do 4º clasificado. No que a Rudy respecta decir que gañaba con total autoridade esta última etapa e remataba así a súa participación nesta Copa de España de Augas Abertas como campión da categoría máster de 60 a 64 anos. Rudy nadou os 5 quilómetros en 1 hora, 16 minutos e 44 segundos aventaxando ao segundo clasificado en 2 minutos e 43 segundos. Rudy que xa fora este ano subcampión de España Máster de Augas Abertas no Lago de Banyoles en xuño, suma un novo éxito ao seu brillante palmarés e a o do equipo máster da AD.Fogar gañando agora o circuito nacional. Os resultados da etapa final de Cáceres e a clasificación desta V Copa de España de Augas Abertas están a vosa disposición nos apartados de descargas natación e máster desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.