Os nosos Mestres fanse con 4 ouros no Galego de Fondo


 19 Marzo, 2019   Máster 

Os nosos Mestres fanse con 4 ouros no Galego de Fondo

O pasado domingo día 17 de marzo de 2019 a Piscina Municipal Carballo Calero en Carballo, acollía o Campionato Galego de Fondo e "X Memorial Gerardo Steudel" en categoría Máster; proba que contaba coa presenza de 22 equipos e o concurso de 121 nadadores e nadadoras. A participación dos Mestres de Carballo e Oleiros saldábase con 4 medallas, todas elas de ouro: Nicolás Pichel na proba dos 1500 libres da categoría +35 anos, Cora Vinagre nos 800 libres da categoría +30 anos, Alberto Tomé nos 800 libres da categoría +50 anos e Juán Méndez nos 800 libres da categoría +60 anos.  Ademais César Posé acadaba na categoría +35 anos a 4ª posición na proba dos 1500 libres. Por equipos e con tan só 5 nadadores fomos 4º clasificados na categoría masculina, 14º na feminina e 9º conxuntos. Os resultados dos nosos Mestres neste Campionato Galego de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web, ademais na ligazón federativa https://www.fegan.org/mp/default/post/351 podedes consultar tamén todos os detalles referentes ao evento en cuestión.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.