Elisa Pichel e Cora Vinagre compiten no Nacional Máster de Verán


 11 Xullo, 2019   Máster 

Elisa Pichel e Cora Vinagre compiten no Nacional Máster de Verán

Elisa Pichel García e Cora Vinagre Sendino viaxaban onte a Tarragona para tomar parte desde hoxe e ata o vindeiro domingo día 14 de xullo de 2019, no XXX Campionato de España Open Máster de Verán que conta coa presenza de 145 clubs e 969 nadadores, dos que 569 pertencen a categoría masculina e 400 a feminina. Elisa estrearase mañá na proba dos 400 libres e Cora fará o propio nas probas dos 400 libres e os 200 costas. Na xornada do sábado Elisa nadará os 400 estilos e Cora os 100 costas e os 200 libres. Xa na xornada do domingo Elisa pechará a súa participación nadando os 200 metros braza. Na web da RFEN podeís ampliar toda a información relativa a este nacional máster de verán na ligazón: https://rfen.es/es/section/master-verano-2019. Como arquivo adxunto a esta mesma nova podedes consultar tamén a nosa inscrición.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso