Cora Vinagre quedou a un banzo do podio no Nacional de Inverno


 11 Febreiro, 2019   Máster 

Cora Vinagre quedou a un banzo do podio no Nacional de Inverno

Desde o pasado xoves día 7 de febreiro e ata onte, celebrábase na pileta Rías Do Sur en Pontevedra o Campionato de España Open de Natación Máster de Inverno que contaba co concurso de 147 clubs e a participación de 1.173 nadadores, 709 homes e 464 mulleres, entre eles os nosos dous únicos representantes, Cora Vinagre e César Pose. Cora na súa categoría de 30 a 34 anos nadaba catro probas individuais entre o venres e o sábado para ser 4ª nos 200 costas, 6ª nos 100 costas, 7ª nos 400 libres e 14ª nos 200 libres; pechando así unha actuación máis que impecable. Pola súa banda César da categoría de 35 a 39 anos concentraba a súa participación na xornada do domingo para ser 13º nos 200 metros braza e 19º nos 100 bolboreta. Os resultados dos mestres de Carballo e Oleiros están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web. Ademais podedes consultar tamén todo o referente a este Campionato de España Open de Natación Máster de Inverno na seguinte ligazón: https://rfen.es/es/section/invierno-master-2019

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso