Cursos intensivos e actividades estivais da AD.Fogar en Carballo


 24 Maio, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Cursos intensivos e actividades estivais da AD.Fogar en Carballo

O vindeiro luns día 27 de maio abriremos o prazo de inscrición para as Actividades de Verán que un ano máis organizamos desde a AD.Fogar en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. O programa de actividades contempla catro cursos intensivos relacionados coa práctica da natación e o tríatlon en niveis de iniciación, mellora e mantemento, dirixidos a nen@s, moz@s e adultos que non sexan socios do club. As distintas actividades contarán cunha oferta total de sesenta prazas e impartiranse na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo entre o luns día 1 e o mércores día 31 de xullo de 2019, en quendas de mañá e tarde. Podes informarte respecto disto no díptico de información e inscricición adxunto a esta nova ou na mesma Piscina Municipal da Rúa Carballo Calero en horario de tarde entre as 17:00 e as 20:00 hs. Este verán non o dubides MÓLLATE CONNOSCO EN CARBALLO !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso