Campamento de Verán MERA TRI CAMP 2019


 01 Maio, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Campamento de Verán MERA TRI CAMP 2019

Desde a nosa sede en Oleiros facemos saber que estamos a ultimar os preparativos do MERA TRI CAMP 2019 que ano tras ano vimos organizando na Praia de Mera coa colaboración do Concello de Oleiros e O Serán. Como vén sendo habitual, abrimos xa un primeiro prazo de inscrición dirixido aos nosos asociados, que poden confirmar a súa participación ata o día 5 de maio de 2019. A partir desa data e segundo a dispoñibilidade de prazas, abriremos unha segunda quenda de inscrición para todos aqueles non afiliados interesados en participar das nosas actividades estivais. O campamento desenvolverase de luns a venres durante os meses de xullo e agosto, en horario matinal de 11 a 14 horas.  No mesmo poderán tomar parte rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos co obxectivo de pasar un verán divertido e dinámico baseado nas actividades básicas e os valores propios do tríatlon, é dicir, a natación en augas abertas, o ciclismo e a carreira a pé. O privilexiado da contorna e a organización e control das actividades por parte dos nosos adestradores e monitores veñen sendo nos últimos anos unha garantía de éxito. Achegámosvos a esta nova a información xeral. Podedes confirmar a vosa inscrición en liña picando AQUÍ e seguindo as instruccións do formulario.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso