9 dos nosos triatletas clasificados para o Intercomarcal de Cros


 26 Novembro, 2018   Escola de Natación e Tríatlon 

9 dos nosos triatletas clasificados para o Intercomarcal de Cros

O pasado sábado día 24 de novembro de 2018, as Escolas de Base de Tríatlon que a AD.Fogar promove nos Concellos de Carballo e Oleiros desplazábase ata a localidade de Mondego, en Sada; ao primeiro dos clasificatorios de Campo A Través Escolar para a Zona da Coruña. A proba contou coa presenza e participación de 29 dos nosos triatletas de base, dos cales 9 acadaban a súa clasificación directa para a Fase Intercomarcal que se celebrará no Parque dos Menhires de A Coruña o vindeiro 26 de xaneiro de 2019. Os clasificados foron, Catalina García 5ª na categoría benxamín feminina, Oscar Alberte 13º na alevín masculina, Manuel Souto 11º e Hugo Souto 12º na categoría infantil masculina, Marta González 12ª na cadete feminina e Sergio Soto 6º, Ruben Otero 7º, Pedro López 23º e Alex Fontán 28º que foron ademáis 3º por equipos na categoría cadete masculina. No apartado de descargas escola desta mesma web pódense consultar os resultados deste primeiro clasificatorio de Campo A Través do Programa Xogade.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso