67 Nadadores de base convocados ao Festival de Promesas


 29 Novembro, 2018   Escola de Natación e Tríatlon 

67 Nadadores de base convocados ao Festival de Promesas

67 Nadadores de base das Escolas de Natación que a AD.Fogar promove nas localidades de Carballo e Oleiros, tomarán parte este sábado día 1 de decembro de 2018, na primeira xornada do Festival Comarcal de Iniciación á Natación Competitiva que a propia AD.Fogar organiza en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte;  evento festivo-competitivo que suma xa os once anos de existencia. A proba, que reúne na Piscina Municipal Carballo Calero a modo de exhibición e como iniciación á competición a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, comezará ás 16:00 hs coa quenda de quecemento e estenderase aproximadamente ata as 18:00 hs, momento no que se premiará a todos os nadadores asistentes coa medalla acreditativa da súa participación. O programa da xornada inclúe as probas dos 25 e 50 metros costas, así como os 50 metros bolboreta-costas na modalidade de pes e brazos en ambas as categorías, a feminina e a masculina. En descargas escola desta mesma web podedes consultar a normativa do festival que é aberto tamén aos centros escolares e as escolas municipais de natación das Comarcas de Bergantiños e As Mariñas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso