16 Triatletas de base acoden á unha concentración en Ribeira


 13 Abril, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

16 Triatletas de base acoden á unha concentración en Ribeira

Os vindeiros 15, 16 e 17 de abril de 2019, dezaseis dos triatletas das Escolas de Base que desde a AD.Fogar promovemos en Carballo e Oleiros tomarán parte nunha concentración de tríatlon en Ribeira convidados polo clube de natación e tríatlon  e o concello desta localidade. Deles 6 pertencen á categoría cadete, 5 á infantil e outros 5 á alevín que viaxarán acompañados dos adestradores Daniel Polo e Juanma Ríos. As actividades a desenvolver en sesións de mañán e tarde engloban adestramentos das tres disciplinas do tríatlon: a natación, o ciclismo e a carreira a pé. Os rapaces e rapazas pernoitarán na Casa da Xuventude do Concello de Ribeira e desenvolverán as súas actividades nas instalacións do Complexo Deportivo de A Fieiteira e os seus arredores.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso