Andrés Prieto campión galego absoluto de Dúatlon de Estrada


 23 Abril, 2024   Tríatlon 

Andrés Prieto campión galego absoluto de Dúatlon de Estrada

O pasado sábado día 20 de abril a localidade de Poio acollía o Campionato Galego de Dúatlon de Estrada sobre a distancia sprint na que os triatletas de Carballo e Oleiros, Andrés Prieto, Alberto Tomé e Rubén Otero, tiveron unha máis que destacada actuación. Andrés que voltaba a competir logo da lesión sufrida a primeiros de ano por mor dunha caída na bicicleta mentras adestraba, o facía como gañador absoluto da proba en 58 minutos e 22 segundos, marcando a diferencia nos sectores de carreira a pé para rematar como novo campión galego absoluto e sub23 de Dúatlon de Estrada. Pola súa banda Alberto foi 25º absoluto en 1 hora e 3 minutos e Rubén foi 45º absoluto e 6º júnior en 1 hora e 6 minutos, sumando entre os tres unha merotoria 5ª praza masculina por equipos; resultados que podedes atopar en descargas tríatlon desta mesma web. A vindeira cita para 24 d@s nos@s será esta fin de semana en Soria, que acolle o Nacional de Dúatlon CRE e Substitucións da categoría talento, e máis Outes, onde se celebra o Provincial de Dúatlon Escolar.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.